Modificado o proxecto da casa de Rúa Armórica que invadiu chan doutra leira

O goberno local aprobou na súa reunión de onte a modificación dun proxecto de obras ordinarias e complementarias ás dun edificio levantado nos números 47-49-51 da Rúa Armórica, que foi denunciado polos propietarios dunha leira lindeira por invadir a súa zona verde. A concelleira de infraestruturas, Paz Abraira, recordou en rolda de prensa que os tribunais deran a razón aos afectados, polo que foi necesario adaptar ao dominio público este proxecto, aínda que aclarou que a actuación só afecta a unhas escaleiras de acceso á leira anexa, que deben ser reformadas para que volvan ao estado orixinal.

A polémica xudicial rodeou desde un principio a este edificio, xa que o Concello procedeu a expropiar unha zona de aparcadoiro privada para convertela en pública e facilitar o acceso ao garaxe do novo edificio, unha decisión que foi recorrida polos propietarios do estacionamento. Con todo, os tribunais validaron finalmente a expropiación.

Consiga AQUÍ a información completa

Comentarios