miércoles. 27.10.2021 |
El tiempo
miércoles. 27.10.2021
El tiempo

Medio milleiro de controis ao ano para garantir a calidade da auga da traída de Lugo

La OCU quiere que sea obligatorio ofrecer agua del grifo gratis en los bares. EP
A auga da billa terá un control rigoroso. EP
A xunta de goberno local adxudica un contrato que tamén supervisará os vasos das dúas piscinas municipais

A xunta de goberno local prevé adxudicar este mércores, a proposta da área de medio ambiente, o contrato para o control da calidade da auga de consumo humano nos depósitos de almacenamento, na rede de distribución, na chave do usuario, nas fontes públicas que non están conectadas á traída e nas piscinas municipais. En total, prevese que a firma adxudicataria realice uns 500 análises ao ano.

As bases, elaboradas pola farmacéutica municipal, inclúen unha rigorosa e constante supervisión, conforme as estipulaciones que marca a lexislación vixente, e que contempla a realización de numerosas probas periódicas.
O concelleiro de medio ambiente, Álvaro Santos, sinalou que "a empresa adxudicataria realizará un mínimo de 12 controis e 2 análises completos ao ano na saída dos depósitos do Ceao; 18 controis e 4 analíticas nos de Marcelle, e 43 controis e 4 análises completos no caso da rede de distribución".

En canto á supervisión que se realizará sobre a subministración que chega aos domicilios, desde medio ambiente estipuláronse un total de 63 avaliacións.

"É unha cifra moi superior ao mínimo que correspondería ao abastecemento de Lugo, en función da súa poboación e que sería de 46, coa fin de poder darlle cobertura a situacións puntuais que se poidan producir de forma extraordinaria", aclarou.

Sobre as 75 fontes e mananciais non conectadas á traída, Santos dixo que haberá "un control trimestral de cada unha delas nas que se terán en conta unha ducia de parámetros para obter unha referencia completa da situación na que se atopan", matizou.

PISCINAS MUNICIPAIS. Con relación ás piscinas municipais, o responsable de medio ambiente indicou que se tivo en conta, para o seu estudo, o período de funcionamento dos vasos, xa que os tres exteriores de Frigsa só permanecen abertos en xullo e agosto, mentres que os climatizados dan servizo once meses ao ano.

"En total someteranse a 45 análises, entre iniciais e periódicas, ademais das lecturas diarias que debe levar a cabo o persoal das instalacións, nas que da auga se vixiará o PH, a transparencia e turbiedade, o cloro libre e residual, e do aire, a humidade relativa, a temperatura ambiente e o CO²", subliñou Álvaro Santos.

A licitación será outorgada a empresa Maricielo SL, por un período de dous anos, prorrogable por outros dous máis e cun custo da primeira anualidade de 18.056,10 euros.

Medio milleiro de controis ao ano para garantir a calidade da auga...
comentarios