Lugoturismo para móbiles mostra eventos pasados e ignora a Semana Santa

O PP volveu criticar onte a xestión turística do Concello de Lugo. A concelleira Encarna Amigo informou de que a aplicación creada para teléfonos móbiles (Lugoturismo) está obsoleta e baleira de contidos. Só mostra tres eventos, dos cales dous xa terminaron (programación cultural de Nadal e o Festibal de Teatro Clásico) e non inclúe información de actividades, relixiosas e civís, que se levan a cabo estes días na a cidade.

Ante esta situación, o PP considera que foi un erro destinar 20.000 euros a esa aplicación informática. «Co turismo, igual que con tantas outras cousas, o goberno local nin quere nin pode. É algo que lle vén moi grande», afirmou Amigo. A edil criticou tamén a pouca actividade na conta oficial que a concellaría de turismo ten en Twitter (

Comentarios