Lugo suma un superávit de seis millóns, pero non logra cumprir a lei de estabilidade

Sonia Méndez. (Foto: AEP)
photo_camera Sonia Méndez. (Foto: AEP)

A concelleira de economía, Sonia Méndez, confirmou onte que o Concello renunciará a recorrer ao crédito de cinco millóns de euros previsto no orzamento municipal deste ano, porque pechou o pasado exercicio cun superávit de case seis millóns e acumula un remanente de tesourería que chega aos doce.

Con todo, Méndez explicou que a pesar de que o Concello ten unha situación económica «saneada», non cumprirá co obxectivo de estabilidade que expuxo o Goberno central, xa que as contas arroxan un desequilibrio contable entre ingresos e gastos, que foi compensado con remanente do ano anterior. «A lei de estabilidade di que se teñen que axustar ingresos e gastos do capítulo 1 ao 7 dos orzamentos, pero nós tivemos que pagar obras do plan E de 2010 para as que xa tiñamos o diñeiro, pero incluído no capítulo 8», lamentouse a concelleira, quen considera que a lexislación neste caso non contempla tódolos supostos como o que afecta as contas municipais do pasado ano. «Se xuntaramos os orzamentos dos dous anos entón si que cumpririamos ao 100% a lei», sinalou Méndez, quen explicou que entre os contratempos que provocará este incumprimento está a obrigación de redactar un plan de viabilidade económico-financieron ou de pedir permiso á Xunta no caso de que sexa necesario recorrer a un crédito.

Consiga AQUÍ a información completa

Comentarios