Lugo tínguese Pelirroja

'Consuelo' en la muestra de teatro aficionado (Foto: J. Vázquez)
photo_camera 'Consuelo' en la muestra de teatro aficionado (Foto: J. Vázquez)

ERA A primeira edición desta gala, pero todo apunta de que non será a última, sobre todo vendo o éxito de organización e asistencia que cultivou. Tratábase do I Evento de Barbería e Estética, organizado no auditorio Gustavo Freire pola Asociación de Empresarios de Barbería, Estética e Afíns da Provincia de Lugo, uns profesionais que aproveitaron ademais para presentar en sociedade a nova marca baixo a que actuará este colectivo, Pelirroja.

Encabezados polo presidente do colectivo, Eduardo Souto, e cunha das rubias lucenses de maior proxección como presentadora, a actriz Cristina Castaño, os espectadores puideron gozar dun espectáculo no que houbo de todo, desde a cultura máis rabiosamente actual, como os shows de Concepto Circo para o desfile de Barbeiros 3.0, á danza moderna, pasando polas presentacións en directo das novas técnicas de corte e coloración de cabelo, que chegaron da man dos profesionais de Luis & Tachi. O evento, que se prolongou durante toda a mañá, contou tamén coa colaboración de firmas como Kubica, Korner ou Manuela López, ademais da Fundación TIC, que se encargou da súa gravación.

Esta gala foi a mellor pasarela para que desfilase Pelirroja, a nova denominación baixo que a que actuará a partir de agora a asociación de empresarios do sector, co obxectivo de converterse nun motor de enganche que axude a barberías e centros de estética da provincia a avanzar nun sector cada vez máis competitivo e tamén sacudido pola crise, pero que ten a maior bolsa de clientes potenciais que existe: todo o mundo.

A gran noite das orquestras

Centos de persoas déronse onte cita na discoteca Nova Exágono para gozar de dúas das mellores orquestras do país, París de Noia e Panorama. Ambos os grupos situaron os seus escenarios no aparcadoiro da discoteca, acondicionado para a ocasión. 

‘Consuelo' na mostra de teatro afeccionado

A mostra de teatro afeccionado, organizada un ano máis polo Concello de Lugo e Fegatea, despediuse onte do auditorio Gustavo Freire coa representación da obra ‘Consuelo', que foi posta en escena pola compañía O Trasno Novo Teatro. 

Comentarios