Lugo queda cun só videoclub tras o peche do de Avenida da Coruña

Ángel Ferreiro, el último superviviente, en Supervídeo. (Foto: Lucía Pernas)
photo_camera Ángel Ferreiro, el último superviviente, en Supervídeo. (Foto: Lucía Pernas)

Como o walkman, os espirógrafos ou as americanas con hombreiras, mencionar o videoclub chama á nostalxia de épocas pretéritas. Vestixios esquecidos que, agora, no século XXI de Internet e a piratería, intentan burlar a desaparición

Internet matou á estrela do videoclub, que poderían cantar The Buggles. O cambio de costumes no consumo do cine, en concreto grazas á amplitude de oferta e a aparente gratuidade de internet, é o inmisericorde axente que condenou á marxinalidade ao sector do vídeo de aluguer, se non á súa directa desaparición. En Lugo, eran dous os últimos sobreviventes de entre os videoclubs especializados. Co recente peche de Vídeo Galaxia, só quedou un, Supervideo.

O crepúsculo dos deuses

Pasear pola Avenida da Coruña aseméllase á visita a un camposanto, no que ao nostálxico videoclub refírese. Desde o seu enorme cartel, colgado no lateral dun edificio de vivendas, Supermán, descolorido e impotente, tan só acerta a contemplar a carcasa baleira do extinto Copy Play. Cambiando de beirarrúa, un dos tres Cinebank que houbo na cidade aínda loce o cartel de alúgase' na porta do local. Uns cen números máis adiante, Vídeo Galaxia, un coloso con feituras de superproducción de Hollywood, membro dunha franquía que tivo sede en todas as provincias galegas e contou con miles de asociados, liquida os últimos filmes do seu inventario á espera de baixar definitivamente o pano nas próximas semanas.

PIRATAS
Internet: mal e remedio

A lei antipiratería arroxa unha das últimas esperanzas para o videoclub. «Non se notou aínda ningún efecto, pero se se consegue aplicar de verdade o negocio podería rexurdir», opina Ferreiro. 

Consiga AQUÍ a información completa

Comentarios