Lugo presume de vía romana e termas

Asistentes a la visita guiada a su paso por el puente romano. SEBAS SENANDE.
photo_camera Asistentes a la visita guiada a su paso por el puente romano. SEBAS SENANDE.

Un dos legados romanos menos coñecidos de Lugo é a vía romana que atravesa a cidade desde a Praza de Armañá ata a ponte romana. Dar a coñecer esta ruta milenaria é o obxectivo das visitas guiadas que se inauguraron onte e que se repetirán todos os luns ata o 2 de setembro. Lourdes García e Rosa Sanmartino son as guías encargadas de transportar a veciños e turistas á época dos fundadores da cidade, o seu sistema de comunicacións, a historia das súas infraestruturas e a súa riqueza en augas termais.

é a primeira vez que o Concello inclúe a zona do Miño nas súas visitas guiadas de verán e, segundo Rosa Sanmartino, é unha «gran oportunidade para dar a coñecer unha zona pouco coñecida e conseguir que os turistas baixen ao río». Sanmartino recorda que é unha «mágoa» que cando chega xente de fóra a Lugo non se achegue a esa zona, non só para visitar o balneario ou a ponte, senón para gozar das «vistas extraordinarias que hai», engade.

Consiga AQUÍ a información completa

Comentarios