Lugo clama por unha profunda revisión da Ora tras 23 anos

O sistema Ora vai camiño do medio século en Lugo, está baixo lupa xudicial e o Concello acordou esta semana estudar a rescisión do contrato a Doal (grupo Vendex) e volver a readxudicar o servizo. Con todo, colectivos veciñais e empresariais cren que hai que ir máis aló e claman por un profundo cambio do sistema, que ven necesario pero abusivo nas condicións actuais.

Os condutores consideran excesivo o número de rúas con Ora, inadecuados os prezos e as franxas horarias e implacable o seguimento de que son obxecto por parte dos vixiantes, que non dan nin un minuto de marxe e en ocasións incluso multan antes de que venza o tempo do billete, segundo as denuncias realizadas en numerosas ocasións. 

Consiga AQUÍ a información completa

Comentarios