Lugo acolle unha exposición de produtos para maiores e dependentes

Productos expuestos en la feria (Foto: J. VÁZQUEZ)
photo_camera Productos expuestos en la feria (Foto: J. VÁZQUEZ)

O Pazo de Feiras e Congresos de Lugo acolle este fin de semana a feira Un Mundo de Posibilidades, orientada a persoas maiores e con discapacidade.

O encontro, o primeiro deste tipo organizado en Galicia, xurdiu da iniciativa do colectivo de amputados Andade. "O obxectivo da feira é dar información e mostrar os produtos para intentar facer máis levadía a vida ao discapacitado e a persoa maior", comentou o director do evento, José Tarifa.

A feira, que estará aberta ata as 20.00 horas deste domingo, congrega a máis de 40 postos. Entre os produtos que oferta hai vehículos, cadeiras eléctricas, roupa deseñada para persoas dependentes e moitos utensilios para a vida cotiá.

Comentarios