Os xa enxeñeiros reciben as súas insignias

El colegio María Auxiliadora celebró la fiesta de fin de curso con la instalación de diversas atracciones en la explanada del Pazo dos Deportes. Los alumnos del centro disfrutaron de una tarde muy divertida. (Foto: Froilán Calderón)
photo_camera El colegio María Auxiliadora celebró la fiesta de fin de curso con la instalación de diversas atracciones en la explanada del Pazo dos Deportes. Los alumnos del centro disfrutaron de una tarde muy divertida. (Foto: Froilán Calderón)

oitenta enxeñeiros industriais, que terminaron o pasado ano os seus estudos, recibiron onte os galardóns que lles concede o Consello Galego de Enxeñeiros Técnicos Industriais, nun acto que tivo lugar na facultade de Ciencias. Case 400 estudantes das escolas de Vigo, Ferrol e Lugo terminaron os seus estudos o pasado ano. Desta promoción, 52 estudaron Química Industrial en Lugo.

O acto estivo presidido polo vicerreitor de Coordinación e Planificación do campus de Lugo, Pedro García Herradón, e contou coa presenza do alcalde, José López Orozco; Juan José Díaz Valiño, deputado de Cooperación e Asistencia aos Concellos, da Deputación; Jorge Rivera Gómez, presidente do Consello Galego de Enxeñeiros Técnicos Industriais; Juan Pou Saracho, director da Escola de Enxeñería Industrial de Vigo; José Antonio López Vázquez, secretario da Escola Universitaria Politécnica de Ferrol, e José Manuel Martínez Ageitos, decano da facultade de Ciencias.

Ademais, entregáronse os premios fin de carreira. Un deles, o do mellor expediente académico, foi para un alumno da facultade de Ciencias.

O acto comezou ás sete e, tras unha breve presentación, Julio Fernández Carballos, responsable de Contratación e Servizos Contratados de Alúmina Aluminio, pronunciou a conferencia ‘Estratexias para vivir nunha contorna profesional competitivo'.

Tres alumnos de Lugo gañaron o concurso de Coca-Cola

Candela Marie Luna, do colexio Divina Pastora-Salesianos; Tamara Penela Abuín, do IES A Nosa Señora dos Ollos Grandes, e Paula Portela Cabana, do IES Leiras Pulpeiro, foron as estudantes lucenses que gañaron o concurso Novos Talentos Premio Relato Curto de Coca-Cola. Tamén foron galardoados Carmen Estela Díaz Gómez, do IES Vilar Ponte, de Viveiro; Carolina García Abad, do Marqués de Sargadelos, de San Cibrao, e Carmen Novo González, do Vilar Ponte, de Viveiro.

A entrega de premios tivo lugar onte, ás sete, na sala Mozart, do Auditorio de Galicia, en Santiago.

Xornada lúdica con múltiples actividades para mozas

O Concello organizou hoxe un variado repertorio de actividades para mozas, que darán comezo ás dez e media da mañá, no club Equs, cun taller de iniciación á hípica.

Posteriormente, ás seis da tarde, tamén dentro do programa xuvenil Máis X Ti, outro taller de adestramento de cans, que terá lugar na Casa da Xuventude.

Pola tarde, de cinco a oito, haberá, ademais, actividades do Arde Lucus na Praza do Castiñeiro. 

RUXIR DE MOTORES NAS TERMAS 
O centro comercial acolleu a celebración do campionato 'Circuíto Media Markt nun simulador, que continuará hoxe

Os amantes do motor tiveron onte ocasión de gozar nas Termas, onde comezou o campionato ‘Circuíto Media Markt', que segue hoxe. Trátase dun torneo que ten como un dos seus premios un dos grandes desexos dos amantes da velocidade: unha proba nun Porsche. Nesta competición, os participantes subiranse a un simulador e darán dúas voltas a un circuíto, a primeira de recoñecemento e práctica e a segunda xa de carreira. O tempo realizado nesta segunda volta será o que terá validez á hora de participar. Os tres mellores tempos recibirán un xogo de Fórmula 1 para Play Station 3 por cortesía de Media Markt.

Ademais, o centro comercial mantén ata o día 31 a campaña pola que se poderá gañar unha viaxe ao Gran Premio de Valencia de Fórmula 1, que se celebrará o 24 de xuño. Poderase participar no sorteo con tikets de compra a partir de dez euros.

O campionato iniciado onte non serviu máis que para abrir boca de cara a un fin de semana que se prevé intenso no centro comercial lucense, onde tamén se prestará atención á seguridade.

Así, esta mañá, á 12.30 horas As Termas e RACC organizan no aparcadoiro da planta alta un simulacro de excarceración dun coche sinistrado a cargo dos bombeiro para coñecer a ‘folla de rescate'.

As cuestións é que agora os coches son son cada vez máis seguros e sofisticados pero a incorporación de novas tecnoloxías dificulta o labor dos equipos de rescate no caso de que se produza un accidente grave. Un rescate pode levar agora sesenta minutos, unha ‘hora de ouro' decisiva para salvar a vida a un lesionado grave. Este labor simplificaríase se os turismos incorporasen a folla de rescate, con formato estándar para a Unión Europea. Dar a coñecer ese protocolo é o obxectivo da xornada de hoxe.

Por outra banda, o hipermercado Eroski Lugo, do centro comercial As Termas, celebrará esta tarde, ás seis, un desfile infantil no que participarán nenos con idades comprendidas entre os 2 e os 14 anos. O número de participantes no desfile será de vinte e cinco. No desfile, presentarase a moda de tempada. Para organizar esta iniciativa, o centro comercial fixo unha convocatoria á que se puideron apuntar todos os clientes.

Comentarios