Os veciños do Castiñeiro denuncian a existencia dunha praga de ratas no barrio

Os veciños do barrio lucense do Castiñeiro entregarán hoxe un escrito, no rexistro municipal, onde denunciarán a presenza de ratas e lixo nesta zona da cidade.

A veciñanza pide que o Concello tome medidas no asunto e poña en marcha unha campaña de saneamento nas rúas do barrio para evitar que a presenza dos roedores convértase nun problema de sanidade pública.

Non se trata da primeira vez que os veciños do barrio do Castiñeiro pasan por unha situación similar. Xa en anteriores ocasións denunciaran a presenza de ratas nas rúas da zona, co consecuente risco para a saúde de todos os veciños.

A veciñanza está cansado de reclamar ao Concello unha maior limpeza e atención sanitaria no barrio, situación que se fai máis grave nesta época do ano co aumento das temperaturas.

Os residentes na zona temen, ademais, que a existencia de niños de ratas provoque a aparición de endemias e enfermidades entre a poboación, polo que esixen ao Concello medidas urxentes.

No caso de que non se dea resolto este problema, os veciños estarían dispostos a levar a cabo diversas accións de protesta para facer chegar a oídos do Concello os problemas sanitarios que hai no barrio.

Comentarios