Os residentes das Gándaras xa poden usar auga fría

As análises de Sanidade confirmaron a ausencia de legionella no circuíto
Geriátrico de As Gándaras
photo_camera Geriátrico de As Gándaras

O delegado territorial da Xunta de Galicia en Lugo, José Manuel Balseiro, confirmou que este xoves quedou restablecida a subministración de auga fría na residencia de maiores das Gándaras, unha vez que as analíticas realizadas pola Consellería de Sanidade confirmaron a ausencia de legionella nese circuíto.

Desde este xoves, polo tanto, "os usuarios poden utilizar con normalidade a auga fría e tamén se pode facer uso da lavandería e do tren de lavado da cociña", sostivo Balseiro, porque "non están conectados ao sistema de auga quente sanitaria".

Por outra banda, comentou que a Consellería de Política Social "iniciou hoxe mesmo a contratación de nove traballadores máis para favorecer o normal funcionamento do centro", polo menos mentres se manteñen as actuais medidas de prevención e control da bacteria. "A prioridade neste momento é acelerar as obras que permitirán facer uso da auga quente", dixo o delegado, e "contratar ese persoal".

En principio, está previsto que este venres mesmo "entre en funcionamento a instalación independente que permitirá pór en marcha a instalación de auga quente".

Recordou, en todo caso, que desde hai semanas estaban a ser executados no centro traballos "para remodelar o sistema de tubos de toda a instalación", precisamente para "tratar de evitar este tipo de problemas", unha actuación orzada nuns "200.000 euros".

Comentarios