Os preferentistas retiran fondos para esixir que se reabra a arbitraxe

Algunos de los afectados, a las puertas de la entidad. (Foto: Xesús Ponte)
photo_camera Algunos de los afectados, a las puertas de la entidad. (Foto: Xesús Ponte)

Unha vintena de afectados polas preferentes e subordinadas concentráronse onte na oficina de Novagalicia Banco situada na Praza Maior para proceder a unha retirada organizada de fondos da entidade. Trátase dun novo método de presión coordinado conxuntamente desde todas as plataformas de afectados de Galicia, para que a entidade bancaria reabra a vía da arbitraxe e todos os afectados opten a recuperar o cento por cento dos seus aforros.

é a primeira retirada organizada que se realiza en Lugo. Desde a plataforma de afectados polas preferentes anunciaron que van continuar con este método cada quince días, ata finais de setembro.

Consiga AQUÍ a información completa

Comentarios