Os maiores divírtense bailando

Parejas bailando en el centro Breogáns de Sarria (Foto: Y.Q.U.)
photo_camera Parejas bailando en el centro Breogáns de Sarria (Foto: Y.Q.U.)

As parellas sarriás teñen unha cita co baile no centro para maiores Breogáns todos os sábados, domingos e festivos, cando a sala abre as súas portas de pao a pao para dar paso á música e a todos os que queiran divertirse. Estes bailes veñen celebrando desde hai anos neste centro.

Os veciños poden asistir aos bailes de 19.30 a 21.30 horas nos meses de verán, mentres que no inverno son de 18.30 a 21.00 horas. Cada ano son máis as parellas que optan por participar nesta actividade e son moitas as que levan varios acudindo sen perderse nin unha soa cita.

Os participantes decántanse pola música dos clásicos, como Leo Louro, Manolo Escobar ou grupos galegos, segundo conta o picadiscos oficial dos bailes sarriáns, Juan de la Fuente, quen tamén ocupa o cargo de presidente do centro. Os bailes agarrados a ritmo de pasodobre, salsa, merengues e ata as famosas cumbias son os que máis gustan aos asistentes. Tamén hai lugar para os bailes tradicionais, como a xota, explican algúns dos asistentes.

Juan de la Fuente leva varios anos ocupando o cargo de presidente do centro. O colectivo celebrará proximamente eleccións para escoller ao novo presidente, segundo indicou este veciño.

Tanto Juan de la Fuente como a súa muller, Elvira González, son uns asiduos dos bailes e acoden cada fin de semana e festivos ao Breogáns, onde se atopan con todos os amigos e amigas que van gozar dun intre agradable, din.

«Hai sete anos comezamos os dous a acudir ao Breogáns xunto cuns amigos. Empezamos xogando as cartas e despois tamén participamos nos bailes», relata Juan de la Fuente. Para a súa muller o centro ofrécelle coñecer a xente da súa idade e crear «novas amizades».

Estes bailes contan coa participación dunhas 60 parellas durante o inverno, mentres que no verán quedan nunhas 30, afirma Juan de la Fuente. Isto é comprensible, pois moitos dos asistentes marchan de vacacións coas súas familias aproveitando os días de verán.

As festas celébranse nunha sala de grandes dimensións, onde os maiores bailan, divírtense e charlan cos seus amigos. Ademais, no local dispoñen de servizo de bar para poder merendar ou tomarse algo.

Estudos médicos

é curioso, pero estudos realizados polo especialista Jeam Krampe da Escola de Enfermería Sinclair (Arxentina) enfocados nas terapias baseadas na danza demostraron que o hábito de bailar podería ser máis que un simple pasatempo para os maiores, xa que podería mellorar o seu equilibrio e lograr que camiñen con máis velocidade e axilidade, diminuíndo deste xeito o risco de sufrir unha caída.

  • Un centro creado nos anos 90

O centro Breogáns foi creado nos anos 90 e é o lugar por excelencia de encontro dos maiores sarriáns. Está situado na confluencia das rúas Mestre Piquero e Marqués de Ugena.

O Breogáns non só está aberto os fins de semana e festivos, senón que os veciños poden acudir a el todos os días para ler a prensa, xogar unha partida de cartas ou simplemente para conversar cos amigos e os veciños.

  • Actividades

Ademais, acolle outras actividades, como clases de ximnasia e mantemento. Os maiores do Breogáns tamén participan en excursións promovidas polo Concello de Sarria. A última tivo lugar este mesmo mes, cando decenas de persoas coñeceron a praia de Miño, na Coruña. Está previsto que a próxima excursión sexa o próximo día 25. Nesta ocasión viaxarán á costa lucense.

Comentarios