Os máis pequenos abren o Samaín

Los puestos de la Plaza serán reubicados en el Mercado y en una carpa de A Soidade durante el cierre.
photo_camera Los puestos de la Plaza serán reubicados en el Mercado y en una carpa de A Soidade durante el cierre.

Logo de varios días decorando cabazas e adornando as paredes con arañas e esqueletos, os escolares lucenses iniciaron onte as celebracións do Samaín, unha tradición que rexorde con forza en Galicia e que fará as delicias dos máis pequenos ata o vindeiro martes, día de Todos os Santos. Empapados do ambiente festivo que acompaña á festa de Halloween, moitos centros escolares da cidade organizaron onte diferentes actos, como exposicións de cabazas ou contacontos.

Ademais de emocionar aos menores -que levan días ensaiando o ¿truco ou trato?- , o Samaín cativa tamén aos adultos. De feito, na noite do xoves moitos universitarios saíron disfrazados á rúa, mentres que unha procesión de ánimas camiñará durante a noite do día 31 polo adarve da muralla. Os actos oficiais empezan hoxe nas prazas de Augas Férreas e A Milagrosa, a partir das 17.00 horas. A asociación veciñal que dirixe Valentín Arias anima aos veciños a participar nos festexos.

Relatorio de Mario Bisson sobre cor e espazo urbano

O profesor Mario Bisson, arquitecto e responsable científico do laboratorio da cor no politécnico de Milán, ofreceu onte un interesante relatorio sobre cor e espazo urbano, no marco do primeiro seminario internacional Cor e Cidade. Os asistentes ao evento -que se celebrou na sede do Colexio de Arquitectos (Coag)- analizaron aspectos como a metodoloxía e proxección da cor, a comunicación urbana ou a problemática da cor no espazo público.

O Coag de Lugo tamén inaugurou onte, en colaboración con Adega, un ciclo de conferencias nas que se aborda o problema da xestión do territorio en relación co urbanismo, con especial atención ao caso de Barreiros. Na primeira cita participaron Ramón Lueje, Xoán Pinto Tasende, Raúl Veiga e Daniel López Vispo.

Foro polo aniversario da encíclica Laborem Exercens

O seminario de Lugo acolleu onte unha mesa redonda con motivo do trinta anivesario da encíclica de Xoán Paulo II Laborem Exercens, que trata a concepción do home e do traballo. O acto correu a cargo de Clodomiro Ogando Durán, párroco da diocese de Tui-Vigo; Ángel Santamaría Montero, aparellador que leva trinta anos na pastoral obreira, e Antón Negro Expósito, sacerdote e delegado de Cáritas Diocesana de Lugo. Tamén acudiu o bispo da diocese, Afonso Carrasco.

Sorteo de premios da campaña Merca non Mercado

A Asociación de Comerciantes do Mercado de Quiroga Ballesteros, que preside Manuel Abuín, realizou onte o sorteo da campaña Merca no Mercado, que levo a cabo este outubro. O gañador do premio de 500 euros -repartidos en dez vales de compra de 50 euros- é o posuidor do número 20.078. O primeiro suplente é o 20.078 e, o segundo, o 08.088. Os números agraciados publicitaranse en carteis e os afortunados terán un prazo de quince días para comunicar os seus datos.

Comentarios