Os Maristas denuncian unha falsa campaña de recadación no seu nome

O colexio Marista A Inmaculada de Lugo denunciou que nos últimos días algunhas persoas estiveron facéndose pasar por membros da comunidade educativa e solicitaron apoio económico para unha campaña solidaria en nome do colexio, cando en realidade non existe neste momento ningún proxecto deste tipo.

Segundo indicaron fontes do centro escolar, os estafadores piden «a vontade» ás súas vítimas. «Non podemos menos que reprobar este tipo de condutas, posto que nestes momentos non existe ningunha actividade dese tipo en marcha, e nunca lanzamos unha campaña de solidariedade sen informar previamente aos pais e aos alumnos, habitualmente por medio dunha circular», indicou a dirección.

Os responsables do colexio lamentan a utilización fraudulenta do nome e anuncian que puxeron en coñecemento da Policía estas prácticas para evitar no posibles as estafas.

Comentarios