Os lucenses responden o aumento das necesidades con máis voluntariado social

Cada vez son máis os atrevidos que buscan achegar o seu granito de area ao mundo; persoas que queren tomar contacto con outras realidades, dispostas a cambiar a súa forma de pensamento e iniciar un novo estilo de vida centrado nos demais; xente disposta a crer en si mesma e no seu potencial para cambiar as cousas, que decide actuar, reticente a quedar en casa mirando o informativo e lamentándose da súa incapacidade para facer algo.

Unha vez decididos, as opcións son infinitas. Desde a propia universidade ata ONG locais ou internacionais, multitude de entidades ofrecen resposta á sede solidaria destas almas aventureiras en busca de axudar.

É nestes lugares onde os protagonistas souberon buscar e atopar o que buscaban, demostrando que o voluntariado non depende de idades, situacións nin lugares, senón do ímpeto por axudar e do interese por facer algo.

COMO ANEL AO DEDO

Carla Díaz, traballadora social de 35 anos, non tivo que saír do traballo para atoparse cara a cara cunha oportunidade de voluntariado. O labor da Cruz Vermella chegou a ela da man duns voluntarios que se achegaron ao centro en que traballa para realizar unha serie de talleres cos anciáns.

Consiga AQUÍ a información completa

Comentarios