lunes. 24.01.2022 |
El tiempo
lunes. 24.01.2022
El tiempo

Os herdeiros de Álvaro Gil rexeitan 3,1 millóns pola colección do Museo

Mario Outeiro, en la sala donde se exhíbe la colección. (Foto: Pepe Tejero)
Mario Outeiro, en la sala donde se exhíbe la colección. (Foto: Pepe Tejero)

Tres millóns cen mil euros, a pagar en catro anos. Esa é a oferta que a Deputación puxo sobre a mesa a semana pasada, na reunión que mantivo con Carlos Gil, neto de Álvaro Gil e representante dos herdeiros nas negociacións sobre a colección que se exhibe no Museo. Unha cifra moi considerable que, con todo, non colma os desexos dos herdeiros e lexítimos propietarios desde que o Tribunal Supremo fallou ao seu favor no preito que lles enfrontou durante case unha década á Deputación.

De feito, o propio Carlos Gil recoñecía onte que «a distancia económica que nos separa aínda é moi grande, estamos moi lonxe», á vez que insistía en que o aspecto económico non era o único que estaban a valorar, senón outra serie de condicións. Entre estas, sinalaba que pretendían asegurarse de que a colección estivese sempre exposta ao completo no futuro.

NEGOCIACIÓN. Ofreceuse alugar a colección ou comprar só unha parte

  • A Deputación chegou á reunión celebrada a semana pasada con varias propostas para pór encima da mesa.de negociación. Sobre elas falaron durante as aproximadamente dúas horas que durou a reunión con Carlos Gil e o avogado que representa os intereses da familia, o coruñés Julio Lois. A negociación ao final vaise a centrar na compra dos torques, pulseiras e pendentes de ourivaría castrexa, ademais do carneiro alado, de orixe discutida, pero había outras dúas opcións:
SEN INTERÉS
A Deputación descarta comprar a pintura e a familia, vendela

Se o pacto sobre as pezas de ourivaría castrexa parece afastado, nun punto o acordo entre Deputación e herdeiros de Álvaro Gil foi inmediato: os cadros incluídos no legado. Ao Museo non lle interesa compralos e a familia non llos quere vender. 

Consiga AQUÍ a información completa

Os herdeiros de Álvaro Gil rexeitan 3,1 millóns pola colección do...
comentarios