''Os clientes alucinan cos pneumáticos seminovos''

Alfredo Miguélez, dono de An MotorSport, que vende rodas novas e seminovas no polígono do Ceao

¿Que ofrecen en An Motor Sport?

Vendemos rodas novas e seminovas, que son realmente o noso forte. A estas quédalles un 85% da súa vida útil e vendémolas ao 40% do prezo do mercado. Son todas de primeira calidade, comprobadas, emparelladas e garantidas.

¿Os condutores confían nas rodas seminovas?

Si, cando veñen e venas, alucinan, e cando ven o prezo alucinan aínda máis, por iso teñen tan boa aceptación. En Lugo non hai ninguén que o traballe de xeito profesional como nós, que ofrecemos asesoramento. En quince días que levamos vendemos 600 rodas seminovas.

Consiga AQUÍ a información completa

Comentarios