O Concello non detecta nin shigella nin salmonela na auga do Castiñeiro

La fuente, una vez cerrada (Foto: Xesús Ponte)
photo_camera La fuente, una vez cerrada (Foto: Xesús Ponte)

As análises encargadas polo Concello de Lugo despois de que decenas de persoas resultasen intoxicadas, supostamente por beber auga contaminada da fonte do Castiñeiro, non detectaron a presenza de shigella , a bacteria que supostamente provocou o cadro clínico que motivou o ingreso de 25 pacientes no hospital Xeral, afectados por diarreas, vómitos e febre alta.

As mostras analizadas foron tomadas o mesmo día que se detectou o brote, o 20 de xuño, na propia fonte. Nos catro litros de auga que foron enviados ao laboratorio non se detectou a presenza de shigella, nin tampouco de salmonela, aínda que si de enterococos e coliformes totais, propios da contaminación por fecais.

En calquera caso, o Concello encargou outras análises das mostras que tomou o pasado 24 de xuño nos dous pozos que abastecen de auga á fonte, pero aínda está a esperar os resultados, porque o período de incubación da citada bacteria é de nove días e aínda non deu tempo a completar os cultivos.

Do seu lado, o delegado provincial da Consellería de Sanidade, Miguel Angel Rodríguez, confirmou que a situación tende "a normalizarse", porque a incidencia desta patoloxía non deixou de caer no que vai de semana. Dos 25 pacientes que había ingresados o luns no hospital Xeral, só quedaban cinco na mañá deste xoves, todos adultos.

A Consellería de Sanidade sostivo que un coprocultivo advirte da presenza da shigella, que é unha infección similar á gastroenterite.

Comentarios