As verbenas adiantaranse en San Froilán para reducir ruído nocturno

Verbena de San Froilán en la Praza Maior. (Foto: Pepe Álvez/AEP)
photo_camera Verbena de San Froilán en la Praza Maior. (Foto: Pepe Álvez/AEP)

Haberá presentación oficial do programa de San Froilán, pero onte a concelleira de cultura, Carmen Basadre, presentou as últimas novidades. E unha delas é que as verbenas empezarán máis cedo, para evitar que as orquestras toquen a altas horas da noite e impidan descansar a quen non estean de festa. As únicas excepcións serán as vésperas de festivos. O día 4, Anaconda tocará ás once na Praza Maior e o día 11, Olympus empezará a esa mesma hora en Augas Férreas. O Concello intenta evitar así que adquira maior dimensión o conflito xurdido o ano pasado polo ruído do feiral, un asunto que os veciños da contorna levaron aos tribunais e que o ano pasado obrigou a tomar medidas cautelares e segue pendente de resolución xudicial.

Basadre explicou que o seu equipo quixo facer unha aposta polas orquestras, formacións que arrastran un considerable número de público, con tres conxuntos lucenses, horarios máis adecuados e actuacións en distintas zonas da cidade.

CASETAS
Polbo, do 28 de setembro ao 3 de novembro

As casetas do polbo funcionarán do 28 de setembro ao 3 de novembro. Do 3 ao 7 de outubro está prevista unha feira de turismo e, un ano máis, volverá haber desfile de gando e presentarase no Círculo a revista oral da Asociación de Escritores en Lingua Galega. 

Consiga AQUÍ a información completa

Comentarios