As piscinas exteriores de Frigsa inician hoxe a súa tempada estival

As piscinas exteriores de Frigsa iniciarán hoxe o verán coa súa apertura o público, que será, de luns a venres, de doce a oito e media, e sábados e domingos, de doce a oito. Este mes, só abrirán as piscinas cubertas de Frigsa, de oito a dúas e de catro a nove e media, mentres que as das Pedreiras pecharán.

En agosto, o horario das piscinas exteriores será o mesmo que en xullo. Con todo, pecharán as piscinas cubertas de Frigsa e, en cambio, abrirán as das Pedreiras, de luns a venres de oito a dous e de catro e media a dez e media.

En setembro, pecharán as piscinas exteriores de Frigsa e reabrirán, en cambio, as cubertas das Pedreiras e de Frigsa. No primeiro dos casos, o horario será de luns a venres de oito a dous e de catro e media a dez e media. As de Frigsa estarán abertas, de luns a venres, de oito da mañá a nove e media da noite, pero tamén os sábados, de dez a unha e media e de cinco a oito e media, e os domingos, de dez a unha e media.

Más en Lugo Ciudad
comentarios