As pequenas estrelas locen nos festivais

Concierto en el colegio Fingoi. (Foto: Pepe Tejero)
photo_camera Concierto en el colegio Fingoi. (Foto: Pepe Tejero)

Os festivais do Nadal que organizan os colexios nos días previos ás vacacións permiten aos rapaces exhibir os seus múltiples talentos e unha variada mostra de todo o que aprenden. Entre os que se luciron onte estiveron alumnos, e tamén pais, do colexio Illa Verde.

O centro celebrou o seu festival do Nadal no Auditorio e os actos incluíron un mercadillo, con venda de artesanía e comida, e exhibición de iudo, actuación do coro de pais, baile galego, canto e percusión, teatro, ximnasia rítmica e espectáculo do mago Rafa. E non faltaron os Reis.

Fingoi

Tamén empezaron no colexio Fingoi as actividades do Nadal e onte actuaron os alumnos de canto do centro de música Fingoi. As actuacións no centro seguirán hoxe e mañá.

Chocolatadas

As actividades nos centros seguen hoxe e, por exemplo, no colexio María Auxiliadora celebran unha chocolatada solidaria, a partir das 17.30. Mañá hai outra chocolatas no Xoán Montes.

Concerto

Tamén celebra hoxe o seu festival o colexio Marista, a partir das 11.00 horas, e alumnos do Conservatorio actúan, ás 20.00 horas no Círculo.

Comentarios