''As fotos en papel son máis vistas que en dixital''

Miguel Cancio (Foto: Pepe Álvez)
photo_camera Miguel Cancio (Foto: Pepe Álvez)

MIGUEL CANCIO, copropietario de Josbe, aposta polos álbums dixitais como alternativa ao revelado

Antes si que se notaba un aumento nas épocas estivais porque a xente tiña a necesidade inmediata de ver como quedaran as fotos das súas vacacións, pero agora venas na propia cámara ou no computador. Con todo, hai estudos que demostran que as fotos en papel son máis vistas que as dixitais.

¿E para regalar?

Para agasallos van moi ben os álbums dixitais, nós temos un software que nos permite crealos no mesmo día.

Vostedes son especialistas en cámaras. ¿Que é o que máis se vende hoxe en día?

Tratamos de ofrecer ao cliente a cámara que mellor se adapte ás súas necesidades, dependendo de se a usará para retratos, panorámicas... O que máis se vende é a cámara sinxela que está ao redor dos 80 euros. Aínda que son cámaras boas, a calidade da fotografía non é comparable á de cámaras réflex.

¿Cales son as últimas tendencias en cámaras?

Agora veñen unhas sen espello pero con calidade de réflex que son máis pequenas. En Xapón véndense moi ben, en Europa aínda están a arrincar.

¿Aumentan os revelados no verán coas fotos das vacacións?

Comentarios