As rúas Vilar Ponte e Doutor Fleming estarán cortadas hoxe e mañá ao tráfico

O tráfico nas rúas Antón Vilar Ponte e Doutor Fleming permanecerá cortado durante todo o día de hoxe desde as 08.00 horas con motivo de traballos de mellora do asfalto que levaron a cabo nas vías. Segundo a Policía Local, permitirase a entrada e saída de residentes para que poidan facer uso dos seus garaxes.

Previsiblemente, as rúas permanecerán cortadas tamén mañá, pois se calcula que a realización dos traballos durará dous días. Con todo, non é previsible que esta actuación teña gran incidencia no tráfico, pois as vías teñen circulación moderada.

As obras que levarán a cabo consisten no fresado e reposición do asfalto.

Comentarios