Lara di que o PP é unha coalición de ''defraudadores e banqueiros''

O coordinador federal de Esquerda Unida respondeu onte en Lugo ao presidente do Goberno, Mariano Rajoy, que cuestionou nas Nogais unha posible coalición de esquerdas entre partidos con distintas ideas de Galicia. Lara recalcou que Alberto Núñez Feijóo, o candidato popular, «non representa a unha coalición de partidos. Representa a unha coalición de defraudadores fiscais, banqueiros e defraudadores electorais».

O líder de Esquerda Unida, que paseou pola cidade para divulgar as propostas de Alternativa Galega de Esquerdas, fixo un paralelismo entre a estratexia de Feijóo e o exemplo de Rajoy, «que ofreceu un programa aos españois e aplica outro radicalmente distinto». Cayo Lara considera que o 21-O lle outorga aos galegos a capacidade de decisión para «deslexitimar» os recortes de Rajoy e Feijóo para abrir un camiño que permita a execución doutras políticas no conxunto de España.

Consiga AQUÍ a información completa

 

Comentarios