Sancionan a un restaurante en Lugo por vender troitas de forma ilegal

Axentes facultativos ambientais da Dirección Xeral de Conservación da Natureza da Xunta localizaron esta semana un restaurante en Lugo que pretendía comercializar troitas de forma ilegal. Concretamente, incautaron sete bolsas con troitas de río dispostas para ser servidas aos clientes.

Este feito foi denunciado ao departamento de Medio Rural, que abrirá o preceptivo expediente sancionador de acordo coa lei de pesca fluvial de Galicia, que prohibe a comercialización de salmónidos en toda a comunidade autónoma.

A tempada de pesca fluvial 2011 deu comezo o pasado 20 de marzo, e entre as principais novidades está a prohibición de anzois triplos en augas salmoneiras a partir do 1 de xuño e a inclusión da veda de pesca deportiva de anguía en todas as augas continentais de Galicia e en todas as fases do seu ciclo vital.

Comentarios