A Xunta divulga en Lugo a industria ecolóxica

A Consellería de Economía e Industria, dentro do Plan Impulsa Lugo, presentará o vindeiro 24 de maio en Lugo o proxecto Ecoinnova, co obxectivo de promover a incorporación de procesos innovadores na xestión dos negocios, e amosar novas potencialidades do entorno natural que permiten a implantación dun sector empresarial emerxente denominado Eco-Industria.

A Eco-Industria, segundo explicou este domingo a Xunta, impulsa a actividade económica aproveitando de forma sostible os recursos endóxenos do territorio, fomenta a creación de emprego verde e contribúe ao desenvolvemento local a través da posta en marcha de novas empresas e a diversificación das actividades xa existentes.

A través dun percorrido polos sectores e escenarios máis identificativos da cornisa Cantábrica, o proxecto Ecoinnova, financiado polo Ministerio de Economía e Competitividade, investiga para detectar a posible obtención de bioprodutos ou bioservizos a partir de recursos locais pouco  aproveitados, mediante a incorporación na estratexia empresarial de procesos de investigación, innovación, cooperación e creatividade.

Comentarios