A Uned de Lugo estrea o curso con 2.500 alumnos

El acto de inauguración del curso (Foto: XESÚS PONTE)
photo_camera El acto de inauguración del curso (Foto: XESÚS PONTE)

O curso arrincou este xoves na Uned en Lugo coa lección inaugural pronunciada pola profesora de Economía Aplicada da USC María do Mar Pérez Fra. Este centro docente, cuxo prazo de matrícula está aberto ata o 11 de novembro, conta cuns 1.300 alumnos nos graos que imparte e outros 1.200 nos cursos de formación.

Este curso presenta dúas novidades, unha é que será o último que se dea no edificio Forcam. Está previsto que o próximo verán xa estarán finalizadas as obras polo que se trasladará á antiga Residencia Miño. Así se deu a coñecer na reunión que mantivo este xoves o padroado.

A outra novidade é que o novo centro de Sarria acollerá dous cursos da Uned sénior.

Comentarios