A supresión das cotas, principal preocupación das xornadas lácteas de Lugo

Mesa presidencial y público (Fotos: XESÚS PONTE)
photo_camera Mesa presidencial y público (Fotos: XESÚS PONTE)

O coordinador das XI Xornadas de Leite Vacún, que teñen como lema "unha mirada ao futuro", Luís Miguel Vázquez, alertou este xoves de que a supresión a partir do mes de abril de 2015 das cotas lácteas que impuña Bruxelas levará á desaparición de pequenas explotacións.

Respecto diso, referiuse á presenza de dous gandeiros, un holandés e outro irlandés, que aventuran "un descenso a nivel nacional de aquí ao 2020 dun 17%". "En Galicia temos case o cincuenta por cento do leite nacional. Estamos aquí para producir leite e non para ser pesimistas", sinalou.

Na xornada inaugural deste encontro, a presidenta de Seragro, cooperativa de veterinarios que organiza estas xornadas, Noelia García Santoalla, explicou que esta cita serve de foro "de intercambio de coñecementos". Sostivo que "o mellor balance das xornadas é a continuidade", con 11 edicións promovidas desde dita cooperativa veterinaria.

Este foro, que ten como marco a facultade de Veterinaria de Lugo, contou coa presenza do presidente da Deputación de Lugo, José Ramón Gómez Besteiro, que o inaugurou. Ante a prensa, Besteiro remarcou que desde a institución provincial "vaise a achegar unha liña clara, en que a Deputación considera este sector como un sector estratéxico e actúa a favor diso".

Recordou "varias iniciativas" nesta dirección e anunciou que "está a piques de concluírse coa obra do centro de recría público Gayoso Castro (Castro de Rei) onde se investiron 12 millóns de euros". "Facémolo completamente sos, eses doce millóns de euros non foron capaces de obter unha cofinanciación por parte doutra administración, pero o facemos orgullosos. Fixémolo a base de aforros, a base de moito esforzo que verá á luz este ano sendo o principal centro de recría deste país", subliñou.

Gómez Besteiro, ademais, afirmou que todas as institucións teñen que colaborar para "afrontar retos inmediatos" aos que ten que facer fronte o sector lácteo galego e conseguir que "ese 80% do territorio que está sen producir" pase a formar parte da base territorial das explotacións galegas.

Comentarios