domingo. 05.12.2021 |
El tiempo
domingo. 05.12.2021
El tiempo

Á selectividade con resignación

ELP1509P2F6.JPG
ELP1509P2F6.JPG

Primeiro día de selectividade e, aínda que os nervios vanse acougando, aínda revolotean nos estómagos dos estudantes ao saír de cada exame. Tristeza, alegría, pero sobre todo resignación na cara dos alumnos, que ven imposible acceder xa a certas titulacións. «Deberían reservar algunhas prazas para os que facemos selectividade agora», comentaba Sofía Fernández, que pensa estudar Maxisterio en Vigo se supera as probas.

Ante esta situación, moitos estudantes decántanse por acceder a ciclos de formación profesional polo que, algúns deles, confórmanse con conseguir un cinco. «Necesito un aprobado nada máis, quería estudar Educación Infantil pero supoño que farei un ciclo relacionado con iso» afirmaba con certo conformismo Alba Leal.

En canto aos exames, onte realizáronse as probas de Lingua Castelá e Literatura, Historia de España, Historia da Filosofía, Lingua Galega e Literatura e Lingua Estranxeira; e parece que hai discrepancias ao valorar o grao de dificultade das mesmas. «Filosofía pareceume facilísimo, Aristóteles sempre cae e o de galego tamén moi fácil», aseguraba David Ansede. Un comentario que contrasta coa visión doutra alumna que se mostraba quejosa polo requisito mínimo de completar 400 palabras na proba de literatura galega.

De todos os xeitos, a maioría dos estudantes coincidían ao afirmar que os exames resultaron máis fáciles do que se esperaban. Cando estudas nótase e non fai falta utilizar outras artes para aprobar, «non se pillou a ninguén copiando nin houbo nada raro», aseguraba Antón Fortes, profesor do IES San Xillao.

Á selectividade con resignación
comentarios