A Policía requisa roupa de marcas falsificadas no mercado de Frigsa

Agentes requisando prendas en Frigsa. (EP)
photo_camera Agentes requisando prendas en Frigsa. (EP)

A Policía Local volveu intervir onte no mercadillo de Frigsa para requisar pezas de roupa de marcas falsificadas. A actuación desenvolveuse a media mañá e os axentes só lograron identificar a un vendedor porque os demais fuxiron ao ver á Policía. Varios deles deixaron abandonada a mercancía no lugar, polo que tamén foi requisada.

A Policía non facilitou detalles da intervención, á espera de conformar o correspondente informe. Testemuñas presenciais indicaron que os axentes se dirixiron tanto a manteros como a vendedores que tiñan posto montado, non se sabe se con permiso ou de forma ilegal, xa que en ocasións algúns manteros colocan algunha estrutura, como pode ser un percheiro.

Consiga AQUÍ a información completa

Comentarios