A Policía Local requisa 600 CD e 24 bolsos e detén a tres manteiros

Intervención de la Policía Local en la calle Nemesio Cobreros, donde fueron detenidos tres vendedores de CD y DVD. (Foto: Xesús Ponte)
photo_camera Intervención de la Policía Local en la calle Nemesio Cobreros, donde fueron detenidos tres vendedores de CD y DVD. (Foto: Xesús Ponte)

A Policía Local puxo onte a disposición da Policía Nacional a tres vendedores ambulantes de cedés e deuvedés piratas que ofrecían a súa mercancía no Cantiño Nemesio Cobreros, á beira do antigo cárcere. Aos detidos, acusados dun delito contra a propiedade intelectual, retiráronselles unhas seiscentas unidades. Pola tarde, tamén se requisaron 24 bolsos de imitación de marcas coñecidas a outro vendedor en Ramón Ferreiro, pero neste caso só se abriron dilixencias por falta, non delito, que se comunicaron ao xulgado, e deixouse libre ao vendedor. Un perito terá agora que confirmar as falsificacións.

Esta foi a primeira intervención deste tipo que se realiza nesta edición das festas, aínda que anteriormente xa houbo varios desaloxos de manteiros por estar situados en pasos de peóns ou en lugares onde obstaculizaban o tránsito de vehículos.

Consiga AQUÍ a información completa

Comentarios