A Policía Xudicial volve á Deputación polo programa 'KM0'

Axentes da Policía Xudicial regresaron hoxe á sede da Deputación de Lugo para solicitar "información complementaria" sobre o programa de visitas guiadas 'KM0', segundo confirmaron a EFE fontes da propia institución provincial.

Catro axentes da Policía Xudicial presentáronse hoxe nas dependenciazas do ente provincial e solicitaron novos datos relativos ese programa de visitas guiadas por distintas comarcas da provincia, información que lles foi entregada por parte da institución provincial e porpetición do xuíz de Instrución do Xulgado número 1 de Lugo, Hortensia Bouso.

A Fiscalía de Lugo iniciou no seu día unha investigación sobre posibles irregularidades na xestión do 'KM0' e o Xulgado de Instrución Número 1 da capital lucense abriu dilixencias para tratar de determinar se se efectuaron pagos irregulares en relación con ese programa provincial.

Pola súa banda, e en declaracións aos medios de comunicación, o presidente da Deputación de Lugo, José Ramón Gómez Besteiro, subliñou que o que ten que facer a institución provincial é "respectar" a acción da Xustiza e "colaborar".

"A petición de información é frecuente. Faise en moitas institucións. O que temos que facer nós é ser respectuosos. Calquera servizo público ten abertas as portas da Deputación para que calquera tipo de aclaración", engadiu.

"É o que debemos facer. O demais é enredar. Nós temos que colaborar totalmente e se hai que aclarar calquera cousa, aclarala convenientemente. Sobre todo non entorpecer o labor de ninguén. Nese sentido, a Deputación está absolutamente tranquila", concluíu.

Comentarios