A plafatorma de preferentes pide que se recorra á arbitraxe en 40.000 casos

A Plataforma de Afectados polas Preferentes de Lugo esixiu a resolución de todos os casos de aforradores a través da arbitraxe. Recordou que esa fórmula foi utilizada nuns 22.000 casos de toda Galicia, pero restan máis de 40.000.

O colectivo denunciou que o número de beneficiarios deste mecanismo non supera o 30 por cento dos afectados e resaltou que tan só se devolveu o 12 por cento do total investido. «Aumenta o número de casos resoltos pero non se incrementan os cartos que se devolveron», dixeron os seus portavoces. Tamén insistiron que os propios responsables de Novagalicia Banco admitiran que o 95% dos afectados eran aforradores, fronte ao 5% de investidores.

Consiga AQUÍ a información completa

Comentarios