A piscina das Pedreiras pecharase en agosto

A concellaría de deportes ten previsto pechar en agosto a piscina municipal das Pedreiras para realizar labores de mantemento e limpeza, aínda que desde o goberno local explícase que o peche das instalacións non se producirá en tanto non se efectúe a reapertura da reformada piscina de Frigsa, na que o Concello está a acometer obras de ampliación que inclúen a construción dun novo vaso.

Algúns usuarios das instalacións das Pedreiras mostraron a súa preocupación ante o anuncio de clausúraa durante un mes, posto que moitos deles teñen bonos anuais. Segundo o Concello, aquelas persoas que están nesta situación poderán facer uso das entradas na piscina do parque da Milagrosa durante os traballos de mantemento e limpeza (que é obrigatorio realizar anualmente, de modo que os cidadáns non perderán o diñeiro investido nos bonos.

Mentres, as obras de ampliación en Frigsa, que se executan con cargo ao fondo estatal de 2009, acumulan varios meses de atraso, motivo polo que o Concello tivo que solicitar unha prórroga ao Ministerio de Política Territorial, que xestiona o plan E.

Comentarios