Píllana furtando roupa nunha tenda e condénana a sete días sen saír de casa

El hurto se registró en una tienda de la Rúa Raíña. aep
photo_camera El hurto se registró en una tienda de la Rúa Raíña. aep

Unha adolescente á que pillaron intentando furtar varias pezas de roupa nunha tenda do centro histórico pagará a súa actuación cunha pena de sete días de localización permanente, que terá que cumprir no seu domicilio.

A moza acudiu cunha amiga a un establecemento comercial da Rúa da Raíña sobre as sete menos cuarto da tarde do 6 de agosto de 2012. Unha vez alí, ambas colleron varias pezas de roupa -en concreto cinco camisetas e dous pantalóns, valoradas nuns oitenta euros -e metéronse nun probador.

Consiga AQUÍ a información completa

Comentarios