A obra para derrubar parte dunha casa en Montero Ríos, en marcha

Os traballos para a derriba de partes ilegais do edificio situado no número 16 de Montero Ríos arrincaron onte. Á vez, o Concello promoveu ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) un incidente de inejecución parcial da sentenza que ordena a derriba de elementos fóra de ordenación do edificio. é a fórmula que se atopou, de acordo co propio tribunal segundo algunhas fontes, para dar cumprimento á sentenza, sen tirar os elementos da parte traseira do edificio.

En tanto, o Concello, que encargou os traballos para demoler unha parte do edificio declarado ilegal, xa comezou cos labores previos.

En concreto, e de acordo cos veciños do inmoble, vanse a demoler os trasteiros do edificio, como forma de solucionar o exceso de altura que tiña o edificio e que o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia resolveu liquidar cunha orde de demolición.

Con ese fin, os propietarios dos trasteiros empezaron nos últimos días a baleirar esas dependencias, para que a empresa contratada poida empezar a proxectar a forma de executar a derriba.

Os técnicos xa fixeron o acta de reformulo e onte empezaron tamén os traballos de rexistro notarial de gretas, que servirá para poder contrastar se aparecen danos como consecuencia das obras.

Os traballos, que durarán uns 40 días, esixirán pór estadas nas dúas frontes do inmoble.

Comentarios