A obra afectou a mananciais de Vilamoure e deixou a tres casas sen subministración

Tres casas de Vilamoure quedaron sen auga xa que a escavación da autovía -nesa zona profundouse uns 15 metros- afectou o curso de dous mananciais.

Unha delas é a Casa de Fonteboa, que conta cunhas 60 cabezas de gando e que tivo que facer un pozo. «Unha das traídas xa sabíamos que ía quedar afectada, pero coa outra non contábamos. Quedamos sen auga e sen terras, porque nos expropiaron unhas cinco hectáreas. Tivemos que alugar fincas e de momento só nos pagaron pola ocupación dos terreos. Fáltanos todo o resto», explicaban onte en Fonteboa.

Comentarios