A nena do chalé azul abriu a Pascua

Numeroso público se congregó en el Círculo de las Artes para asistir al pregón de Semana Santa de Noemi Mazoy. pepe álvez
photo_camera Numeroso público se congregó en el Círculo de las Artes para asistir al pregón de Semana Santa de Noemi Mazoy. pepe álvez

Noemi Mazoy abriu a Semana Santa falando da súa casa, aquel chalé azul onde vivía unha familia numerosa que lle transmitiu -como ela mesma se empeñou en transmitir onte ao seu auditorio, un Círculo das Artes cheo de xente- o seu amor por Lugo e pola Semana Santa.

A cantante e actriz subiu ao escenario do Círculo das Artes, visiblemente nerviosa e vestida co traxe tradicional galego. As súas primeiras palabras foron: «Estou emocionada, nerviosa e sen durmir. Acabo de chegar de Madrid e sobrecólleme ser a pregoeira da Semana Santa». Acendeu un velón -«nestes momentos de escuridade e corrupción, como símbolo de fe e esperanza e para non rendernos», explicou- e agradeceu o ser chamada para dar o pregón «porque é unha verdadeira honra», dixo.

Consiga AQUÍ a información completa

Comentarios