A neve mobiliza a 30 operarios e 12 máquinas na provincia de Lugo

O Courel, Cervantes, Navia de Suarna, Negueira de Muñiz e Pedrafita, as zonas máis afectadas

A acumulación de neve na provincia de Lugo mantén mobilizados a 30 operarios, seis máquinas quitaneves, tres tractores de apoio e tres vehículos 'pick up', que están a acondicionar as estradas provinciais e municipais máis afectadas. A Deputación ten activado o dispositivo de inverno para facer fronte ás acumulacións de xeo e neve na rede viaria provincial, producidas durante a xornada do venres. Segundo informa o organismo provincial, os operarios do dispositivo invernal están a limpar estradas nos concellos do Courel, Cervantes, Navia de Suarna, Negueira de Muñiz e Pedrafita. O dispositivo, segundo engade, continuará traballando coa fin de garantir a seguridade das principais vías de comunicación de Lugo.

Comentarios