A muralla tremeu por Samaín

Las calabazas alumbradas con velas dieron un ambiente especial a la marcha por la muralla, a la que se sumaron muchos lucenses (Foto: Sebas Senande)
photo_camera Las calabazas alumbradas con velas dieron un ambiente especial a la marcha por la muralla, a la que se sumaron muchos lucenses (Foto: Sebas Senande)

Desde o pasado sábado, o ambiente festivo e tétrico do Samaín alaga os diferentes barrios da cidade, onde levaron a cabo multitude de talleres para decorar cabazas, elaborar recortables de papel ou pintar as caras dos máis atrevidos. Pero sen dúbida, o acto máis rechamante do Halloween lucense foi a procesión de ánimas polo adarve da muralla, engalanada para a ocasión con grandes cabezas de cor laranxa e ollos en chamas. Tras o vistoso evento -que comezou ás oito da tarde e contou coa participación de nenos e maiores- celebrouse un ritual de vivos e mortos, que congregou a multitude de público. Ademais, como non podía ser doutro xeito en Galicia, sobre as dez e media da noite leuse o conxuro da queimada, que tamén achegou o seu toque de intriga á xornada. Os actos do Samaín 2011 finalizaron cun concerto de música celta a cargo do grupo Milesios.

A procesión na muralla salvouse das inclemencias meteorolóxicas, para alegría dos participantes nos actos organizados onte, varios dos cales tiveron que ser recolocados polas intensas choivas da tarde.

Así, desde a Praza da Soidade ata a carpa situada nos xardíns da Deputación levaron actos como a narración de contos de vivos e mortos de Cándido Pazó, o ritual de vivos e mortos previsto, a queimada con conxuro e o concerto de Milesios.

A xornada foi en grao sumo participativa e houbo centos de rapaces, acompañados en xeral polas súas familias, que acudiron durante a tarde aos talleres organizados polo Concello para aprender a recortar e decorar cabazas e facer maquillaxes acordes coa xornada.

Con todos eses actos tratábase de recuperar unha festa de tradición ancestral, que fora quedando relativamente esquecida co paso do tempo e que se empezou a recuperar á vez que se ía impondo a celebración de Halloween.

Inauguración da exposición de fotos sobre o Arde Lucus

O Museo Provincial de Lugo acolleu onte a entrega de premios e a inauguración da exposición Caetra Lucensium Arde Lucus MMXI. O concurso estaba dirixido a fotógrafos afeccionados, que podían participar na categoría individual ou cunha serie de imaxes, ambas cun primeiro premio de 300 euros, un segundo de 200 e un terceiro de cen, así como dous accesit de cincuenta euros cada un.

O acto contou coa asistencia de Mario Outeiro, delegado de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo; Aurelia Balseiro, directora do Museo de Lugo; Alberto Sánchez Vicente, presidente da asociación Caetra Lucensium e Jorge Rois, responsable de Macrocopia Lugo, patrocinador do certame.

La Peña Pillería cítase para celebrar o seu tradicional pulpada

Os membros da Pena Pillería, vinculada ao barrio da Ponte, celebran o vindeiro sábado, 5 de novembro, a tradicional pulpada.

O día 3, xoves, acaba o prazo para apuntarse ao encontro, que se celebrará ás 22.00 horas no Bar Buide.

Comentarios