A mellor colleita do outono, ao pé de casa

É tempo de outono e tempo de coller cogomelos e castañas, dous produtos que abundan en plena capital lucense. A contorna do paseo do Intre, por exemplo, estivo estes últimos días animadísimo, con xente recollendo froitos. De paso que van facer algún recado, sacan ao can ou se dan o seu paseo diario, moitos lucenses aproveitan para recoller froitos que teñen un sabor especial, porque os colleitou un mesmo.

En tempos de crises, esa variedade de produtos que ofrece a natureza pode axudar a algúns a completar a dieta. Para outros tantos, a recolección é unha forma de gozar, sen necesidade de moverse apenas do seu propio barrio. E, de paso, poden arranxar unha comida.

RUTAS DE COGOMELOS SEGÚN A ESPECIE
En Lugo é moi fácil atopar carballeiras, piñeirais, prados ou soutos en calquera esquina e sen necesidade case de coller o coche.

Boletus edulis e Cantharellus
Estes dous fungos abundan en carballeiras e soutos, así que se poden atopar en Fingoi, Acea de Olga, o parque Marcos Cela, a estrada de Ombreiro e as carballeiras do monte que rodea o Paseo do Rato.

Níscalos
Os níscalos atópanse en piñeirais. A pesar de que foi tallado, aínda queda algún piñeiral no monte Segade, onde se poden atopar. Outra zona idónea é a contorna dos lagos de Teixeiro.

Lepiotas e champiñones
Abundan nos prados. O Paseo do Rato, o Paseo do Miño e o barrio das Gándaras, nas proximidades do polígono industrial, son algúns dos puntos onde se atoparon varios exemplares destas especies.

Clytopilus prunulus
En prados próximos a piñeirais, abunda esta especie, menos coñecida pero moi saborosa sobre todo en revoltos. A contorna dos lagos de Teixeiro pode ser propicio á aparición destes fungos.

 

 
 

 
0'0 (0 votos)

Consiga AQUÍ a información completa

Comentarios