A maxia esténdese a todos os recunchos

ELP0705P10F7.JPG
photo_camera ELP0705P10F7.JPG

Lugo estaba sedento de maxia, a xulgar pola boa acollida que tiveron os primeiros actos de Lugo Máxico 2013. A apertura co espectáculo do mago Kayto resultou un éxito para o público infantil o domingo e onte foi necesario duplicar os pases do autobús máxico, situado na Praza da Milagrosa, debido á gran afluencia de público que tivo. Esta actuación, que onte estivo a cargo de Raúl Camagüey e Manuel Lamas, foi a gran sensación do día, e en lugar dos tres pases previstos, realizáronse seis.

Os nenos da escola infantil da Piringalla pasáronllo en grande co mago Kayto, que os visitou ás 10.30 horas da mañá. Tamén resultaron un gran foco de atención as actuacións rueiras na Praza Maior, onde tamén se situou o Magomóbil, onde estiveron David Méndez e o mago Sasha. Só a actuación prevista na Praza de Augas Férreas houbo de suspenderse por falta de público.

Pola noite, a maxia se esparció por dous lugares emblemáticos dentro da ruta da maxia da cidade. No mesón do Forno, un dos locais onde se fraguou a Semana da Maxia de Lugo, tivo lugar a gala Waldemar, un punto de encontro ineludible para os incondicionais da maxia lucense.

O espectáculo continuou, a partir da medianoite, no Babilonia, un local no que durante o ano prográmanse actuacións de prestidigitación.

Clase maxistral de bluegrass na Casa do Saber

A asociación cultural Galicia Fiddle celebrou na Casa do Saber da USC unha sesión de iniciación ao bluegrass para pequenos instrumentos de corda. A ‘fiddle' norteamericana Brittany Haas impartiu unha clase maxistral dirixida a distintos instrumentos de corda. Estivo acompañada pola violinista Jody March e o virtuoso da trompa Yann Falquet .


PROGRAMA PARA HOXE. Raúl Camagüey visitará Alume

  • Lugo Máxico abre o pano ás 10.30 horas coa actuación de Kayto na escola Gregorio Sanz. ás 12.00, os magos Charly e Raúl Camagüey estarán no local de Alume e, ás 13.00 horas, na Praza Maior, Chrisitan Miró fará unha actuación rueira.

 

Tarde

  • Pola tarde, o mago Rafa e David Méndez estarán entre as 17.00 e as 20.00 horas no Magomóbil, ao fondo da Praza Maior. O autobús Lugo Máxico volverá á Milagrosa, e nel estarán Carlos Adriano e o mago Charly; mentres que, ás 17.30 horas,Kayto acudirá á ocioteca do parque da Milagrosa.ás 18.00, o mago Sasha fará maxia rueira na Praza Maior e Raúl Camagüey, na Praza do Castiñeiro. Christian Mirou volverá saír ao escenario ás 21.00 horas no Mesón do Forno; ás 22.00, estará o mago Sasha no balneario e, ás 00.00, Roberto Lolo na Boleira.

 

Comentarios