A librería Souto pechará o próximo 31 de xaneiro logo de 70 anos aberta



Para Cristina Legido Souto, copropietaria da librería xunto á súa irmá Olga, botar o peche ao negocio supón pasar un capítulo da súa vida ao que estivo vinculada durante 30 anos. Por iso mesmo, despídese -a falta, aínda, dun mes para o peche definitivo- cun gran sentimento de tristeza e, á vez, de nostalxia por tantos anos compartidos entre os seus estantes, os seus libros e tamén os seus xornais. «É un negocio entrañable. Por iso, todos estamos moi tristes. Pero a crise e a idade leváronnos a isto. Aquí criámonos eu e a miña irmá, sempre como uña e carne, e gozamos deste negocio», afirma Cristina.

Estas dúas irmás fixéronse cargo da librería por herdanza familiar. «Foi unha herdanza dos meus tíos e a miña nai», apunta Cristina. Aínda que agora coñécena como unha librería de referencia, Souto comezou, en torno ao ano 1945, sendo un quiosco dedicado exclusivamente á venda de prensa e unha administración de lotería.

Consiga AQUÍ a información completa

Comentarios