A Xustiza inicia o curso sen aprobar materias pendentes

A Administración de Xustiza comezou o seu curso en Lugo con poucas esperanzas de aprobar as materias que ten pendentes, algunhas desde hai varios anos. É máis, a maior parte dos actores implicados son aínda máis pesimistas e opinan que a situación irá incluso a peor, con problemas máis serios en seccións do sistema que ata agora viñan funcionando de xeito aceptable.

Non se trata da finalización ou non das grandes macrocausas que desde hai anos se ventilan nos xulgados de instrución, senón da carencia de medios materiais e o cada vez maior volume de casos que entran na maior parte das xurisdicións, o que está a facer que se retarde aínda máis un sistema de seu desesperantemente lento. Así, aos atrasos que se arrastraban nos xulgados de instrución de Lugo, en Sarria ou en Viveiro están a sumarse os derivados do incremento de casos nos do ámbito social e civil.

A carencia de medios froito do recorte nos orzamentos dedicados a Xustiza vén acentuándose desde hai meses e reflíctese en feitos como o sucedido hai unhas semanas en Becerreá, onde houbo que suspender dun día para outro unha decena de xuízos por faltas que levaban sinalados moito tempo.

Consiga AQUÍ a información completa

Comentarios