A ILP do Hula chegará ao Parlamento o día 25 e o PP aínda non decidiu se a apoiará

Vicente Quiroga leerá la ILP. (Foto: AEP)
photo_camera Vicente Quiroga leerá la ILP. (Foto: AEP)

A cita será o vindeiro martes 25, ás dez da mañá, no Parlamento de Galicia. Era o momento esperado pola plataforma lucense que promove a Iniciativa Lexislativa Popular (ILP) en demanda dos servizos de Hemodinámica, Medicina Nuclear e Radioterapia no Hula para levar as súas reivindicacións ante a Cámara galega, logo de reunir máis de 41.000 firmas, case o triplo das 15.000 necesarias para unha ILP.

A confirmación chegoulles onte aos promotores dunha forma máis precipitada da desexada, segundo confirmou Jesús Vázquez, presidente da Federación de Asociacións de Vecinos de Lugo, quen anunciou que a pesar de non ter case tempo para preparar a intervención, os membros da plataforma acordarán o texto da iniciativa nunha reunión que se celebrará o vindeiro venres, ás 20.30 horas na federación veciñal. Vicente Quiroga, presidente da asociación Abre a Muralla, será quen interveña no Parlamento, aínda que Vázquez aclara que «queremos que o discurso sexa acordado por todos os colectivos que se mobilizaron para reunir as firmas».

Consiga AQUÍ a información completa

Comentarios