A federación veciñal chama ao boicot do aparcadoiro do hospital ata que sexa gratis

Sen terminar a campaña para reivindicar os servizos pendentes do Hula, a Federación de Asociacións de Vecinos de Lugo xa se embarcou noutra empresa: unha mobilización, con diferentes frontes, para tratar de conseguir que o aparcadoiro subterráneo do Hula sexa gratis ou, cando menos, que se reduzan as tarifas un 75%. Segundo os cálculos realizados polo colectivo, o 25% restante é suficiente para cubrir os gastos de mantemento da instalación (luz, control de entrada e saída, seguridade...).

A gratuidade dun servizo que se presta sobre terreos que foron achegados polos cidadáns (o Concello doou a parcela para o hospital) é indiscutible para a federación veciñal, e así o reivindicou desde antes incluso de que abrise o hospital. Pero a reclamación económica que presentou ao Concello a empresa que xestiona o aparcadoiro colmou o vaso. Algunhas asociacións, como Porta de Lugo, levan tempo pedindo aos cidadáns que non usen ese aparcadoiro e a federación veciñal decidiu sumarse, vistos os últimos acontecementos. A asociación Abre a Muralla, colaboradora da federación na loita polos servizos do Hula, aínda non deu ese paso, pero non o descarta, asegura o seu presidente.

Consiga AQUÍ a información completa

Comentarios