A expresión do descontento

Manifestación de un grupo de preferentistas (Foto: EP)
photo_camera Manifestación de un grupo de preferentistas (Foto: EP)

Nun contexto de crise perentoria, os actos reivindicativos en espazos públicos son cada vez máis frecuentes. A xornada de onte en Lugo foi un claro exemplo: os afectados pola venda de preferentes manifestáronse de novo e chegaron outra vez ante a casa do deputado popular Joaquín García Díez e manifestáronse para esixir que lles devolvan íntegro o seu diñeiro. á súa vez, os emigrantes retornados a quen Facenda lles reclama unha porcentaxe das pensións que cobran doutros países deron o primeiro paso para defender os seus intereses nunha reunión que continuará o vindeiro xoves. E na Praza Maior, un mozo de Outeiro de Rei cumpriu o seu sexto día de folga de fame.

Os afectados polas vendas de preferentes iniciaron a manifestación ás seis da tarde polas rúas do centro con pancartas nas que pedían a dimisión dos deputados galegos do Partido Popular que votaron en contra da proposta de lei para garantir aos preferentistas a devolución íntegra do diñeiro que investiron en preferentes. Como xa fixeron en ocasións anteriores, a marcha encamiñouse á zona do parque de Rosalía de Castro, onde ten a súa residencia Joaquín García Díez.

FOLGA

O mozo de 32 anos, natural de Outeiro de Rei, Xavier Omaña cumpriu onte o seu sexto día en folga de fame na Praza Maior coa que quere reivindicar o dereito de todos os cidadáns a un traballo e unha casa dignas. Residiu 15 anos en Canarias, onde desempeñou varios traballos, e leva unha longa tempada en paro. 

Consiga AQUÍ a información completa

Comentarios