Os que foron traballadores de Tablicia expresaron onte a súa postura a menos dunha semana da poxa que decidirá o futuro da histórica madeireira lucense, á que finalmente concorrerán catro ofertantes. Pretenden que á hora de vender a fábrica de Nadela «non se teña en conta soamente a oferta económica, senón que se prioricen aquelas que tamén reporten outros beneficios sociais».
Así o recolle un comunicado que leu onte o que fose presidente do comité de empresa, José Antonio Muiña, ás súas excompañeros á entrada na planta de Nadela, que leva uns 14 meses sen actividade.